TY - JOUR T1 - Xénero e emprego nos debates políticos italianos 1995-2007: a construción de suxeitos de xénero "non empregados" A1 - Lombardo, Emanuela PB - Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública YR - 2008 UL - http://biblioteca.ararteko.eus/Record/dialnet-ar-18-ART0000306236 AB - Neste artigo analízase o desenvolvemento do tema de «xénero e non emprego» nos debates políticos italianos desde 1995 ata o 2007. Co termo «xénero e non emprego» referímonos a como as políticas de emprego tratan determinadas categorías de cidadáns e cidadás como lexitimamente «non empregados» e cales son as implicacións de xénero destes supostos. As preguntas das que partimos son as seguintes: cales foron os temas máis candentes no debate político italiano na área de «xénero e non emprego»? Cales foron os principais axentes domésticos e internacionais que tiveron unha influencia nestes debates? Que categorías de suxeitos se constrúen nas políticas sobre xénero e «non emprego»? O relatorio está baseado na investigación desenvolvida polo proxecto Europeo QUING (Quality in Gender Equality Policies www.quing.eu). Ao reconstruír a historia dos debates políticos italianos acerca do tema de «xénero e non emprego» pretendemos reflexionar sobre en que medida estes debates teñen un enfoque de xénero e abordan a intersección do xénero con outras desigualdades como a clase, a idade e a etnia. KW - políticas de xénero en Italia KW - políticas de emprego KW - conciliación vida familiar e laboral KW - traballo doméstico KW - benestar social ER -