TY - JOUR T1 - Segue vivo o sector do emprego? A fenda entre sectores de emprego e o comportamento político no sector servizos: España, 1989-2003 A1 - Gayo Cal, Modesto Guillermo PB - Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública YR - 2008 UL - http://biblioteca.ararteko.eus/Record/dialnet-ar-18-ART0000306234 AB - Existe un consenso case total entre as obras que estudan as clases medias respecto da súa natureza heteroxénea. Pola outra parte, suxeriuse que existe un novo factor ou mesmo unha fenda social que divide a toda a sociedade, o sector do emprego. Propúxose unha combinación de ambas as teses, heteroxeneidade e sector, segundo a cal o sector nos axudaría a entender a diversidade existente entre as clases medias como sinala a heteroxeneidade. Con este artigo preténdese estudar esta formulación. Para iso, analízase a influencia da división entre os sectores de emprego público e privado no comportamento político do sector servizos en España durante o período comprendido entre 1989 e o 2003. Esta investigación contempla varios aspectos: voto, ideoloxía (posicionamento) e afiliación a sindicatos. Da análise dos datos despréndese que o sector do emprego non resulta tan importante como se suxeriu, pero que debe terse en conta para entender fenómenos concretos, como os movementos sindicais KW - sector do emprego KW - comportamento político KW - clases medias KW - movemento sindical KW - voto ER -