%0 Article %A Chynoweth, Paul %I Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública %D 2008 %T A investigación xurídica: aspectos epistemolóxicos, metodolóxicos e culturais: o exemplo do urbanismo %U https://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=2898249 %X O presente artigo analiza os aspectos epistemolóxicos e metodolóxicos da investigación xurídica, así coma os aspectos culturais que a diferencian da investigación noutras disciplinas académicas. Desde o punto de vista epistemolóxico, demóstrase que o carácter prescritivo da análise doutrinal se presenta como a característica definitoria da maior parte das investigacións xurídicas teóricas, o cal as sitúa dentro da tradición das humanidades, coas súas metodoloxías e normas culturais correspondentes. A ausencia dunha metodoloxía explícita dentro da investigación xudicial, tal e como se adoita entender este termo no ámbito das ciencias, explícase deste modo. Obsérvase así mesmo que, tradicionalmente, isto empeceu a comunicación entre os investigadores xurídicos e os seus colegas doutras disciplinas. Así pois, este artigo afonda nas diversas formas de razoamento xurídico empregadas polos xuristas con vistas a explicitar as múltiples metodoloxías implícitas que se utilizan de xeito subconsciente. O artigo conclúe con algunhas recomendacións para mellorar a calidade da comunicación, así coma o nivel de comprensión entre os teóricos do dereito e aqueles que traballan en disciplinas diferentes