TY - JOUR T1 - A dimensión interna do goberno electrónico e o impacto de e-administración na xestión de recursos humanos: están cambiando as regras do xogo? A1 - Salvador Serna, Miquel PB - Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública YR - 2007 UL - http://biblioteca.ararteko.eus/Record/dialnet-ar-18-ART0000306220 AB - En pouco máis dunha década as iniciativas vinculadas ao denominado goberno electrónico diversificáronse e estendéronse, ocupando unha posición preeminente na axenda dos distintos niveis de goberno en España. Con todo, produciuse un importante desaxuste entre estes impulsos transformadores baseados no uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e as dinámicas internas das administracións públicas ilústranse especialmente no ámbito da xestión de recursos humanos. O relatorio suscita unha revisión dalgunhas iniciativas vinculadas á denominada e-administración no campo da xestión de recursos humanos e cuestiónase tanto o seu alcance efectivo coma a súa viabilidade como instrumentos transformadores das administracións públicas. Cunha aproximación neoinstitucionalista destácanse diversas dinámicas que permiten categorizar algúns dos principais retos aos que se enfrontan as estratexias de cambio propias da e-administración no campo da xestión pública. KW - goberno electrónico KW - administración electrónica KW - xestión de recursos humanos KW - administración pública KW - neoinstitucionalismo ER -