%0 Article %A Mahou Lago, Xosé María %I Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública %D 2007 %T A e-administración en Galicia: entre a continuidade e o cambio %U https://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=2897174 %X As tecnoloxías da información e do coñecemento (TIC) convertéronse, nos últimos anos, no principal vector en torno ao cal se deseñou a maioría das estratexias sobre reforma administrativa. Tal como revelan as experiencias que máis éxito obtiveron, a incorporación das TIC neste ámbito excede a compoñente simplemente tecnolóxica aproximándose a aspectos que son clave para o funcionamento das organizacións públicas e cuxa existencia debe terse en conta de pretenderse introducir, con certa garantía de éxito, cambios organizativos de calado. A tecnoloxía debe ser, xa que logo, unha ferramenta de apoio, non o centro da estratexia destinada a converter unha administración tradicional de tipo burocrático nunha administración electrónica fundamentada na eficiencia e na aproximación ao cidadán. Estamos ante un proceso complexo e gradual, que require grandes doses de planificación e, sobre todo, de participación de todos aqueles actores afectados polo cambio. A Xunta de Galicia, como outras administracións do seu medio, atópase inmersa neste proceso de reforma. Este artigo intenta realizar unha primeira aproximación ao modelo de administración electrónica da Xunta deténdose nos plans estratéxicos deseñados polas consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a de Innovación e Industria así como na estrutura organizativa encargada da súa posta en marcha