TY - JOUR T1 - Fortalecemento municipal e descentralización en Guatemala A1 - Linares, Luis PB - Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública YR - 2007 UL - http://biblioteca.ararteko.eus/Record/dialnet-ar-18-ART0000306209 AB - Tras a sinatura en Madrid dos tratados de paz de 1996, o reforzo das autoridades locais converteuse nunha prioridade en Guatemala, e o mesmo ocorreu coa axuda e a cooperación exterior. Xa existe un sistema legal en vigor para os municipios e no ano 2002 implantouse unha política nacional de descentralización. Malia todo, os avances foron escasos. Os gobernos locais de Guatemala son moi febles e enfróntanse a problemas moi graves, como a seguridade pública, a xestión de residuos, o abastecemento de auga e a contaminación; problemas todos de competencia municipal. A poboación en Guatemala é moi heteroxénea. Arredor dun 60% é poboación nativa, que son as persoas que dispoñen de menos recursos e as que se enfrontan aos problemas sociais máis graves. O sistema que utilizan os concellos, igual que en moitos outros países de América do Sur, consiste en promover a integración destes cidadáns. Hoxe en día, faise necesario aumentar os orzamentos locais (mediante o incremento de impostos) e mellorar a formación e a continuidade dos empregados para poder así garantir a eficacia necesaria dos servizos públicos locais KW - goberno local KW - municipios KW - descentralización KW - Guatemala ER -