Os códigos de bo goberno das administracións públicas

Nos últimos anos están proliferando os chamados códigos de bo goberno das administracións públicas. Tras recordar que a finalidade de garantir un bo goberno dos asuntos públicos é desde hai xa tempo unha constante histórica, directamente vinculada ao problema da ética pública, pásaselle revista a...

Full description

Saved in:
Bibliographic Details
Main Author: Fernández Farreres, Germán
Format: Article
Language:Galician
Published: Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública 2007
Subjects:
Online Access:https://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=2897056
Source:Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública, ISSN 1887-0287, Vol. 2, Nº. 2, 2007, pags. 25-44
Tags: Add Tag
No Tags: Be the first to tag this record
Summary: Nos últimos anos están proliferando os chamados códigos de bo goberno das administracións públicas. Tras recordar que a finalidade de garantir un bo goberno dos asuntos públicos é desde hai xa tempo unha constante histórica, directamente vinculada ao problema da ética pública, pásaselle revista ao contido dos referidos códigos e, en especial, ao aprobado por Acordo do Consello de Ministros do 25 de febreiro de 2005. Tras iso, alértase sobre os efectos meramente propagandísticos que con frecuencia adoitan encerrar este tipo de normas, máxime cando de xeito simultáneo non se adoptan as axeitadas medidas organizativas e funcionais que por si mesmas poden impedir ou, polo menos, dificultar as malas prácticas. Confiarlle exclusivamente o bo goberno á ética persoal dos gobernantes e servidores públicos e esta ao que dispoñan os códigos de conduta pública é, sinxelamente conclúe o autor, unha aposta demasiado arriscada. De aí que sexa necesario, como presuposto inescusable, contar con regras coherentes, claras e precisas, cuxo estrito cumprimento quede ademais firmemente garantido. Un presuposto que esixe de xeito urxente a adopción doutro tipo de medidas que atallen o proceso de degradación crecente do sistema xurídico-público. Sen esa fundamental corrección, os códigos de bo goberno de pouco servirán.