Biotecnologías y cambio social: ¿derecho a la salud o derecho a estar sanos? Ingeniería genética, biomedicalización y elección individual

No 2003, Adele Clarke afirmou que o mundo occidental está a experimentar un fenómeno social, político e cultural cada día máis dominante definido como biomedicalización. Este fenómeno estaría trasformando o concepto de saúde nunha responsabilidade individual que se ten que realizar a través dun mell...

Full description

Saved in:
Bibliographic Details
Main Author: Pavone, Vincenzo
Format: Article
Language:Spanish
Published: Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública 2007
Subjects:
Online Access:https://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=2548906
Source:Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública, ISSN 1887-0287, Vol. 2, Nº. 1, 2007, pags. 77-92
Tags: Add Tag
No Tags: Be the first to tag this record
Summary: No 2003, Adele Clarke afirmou que o mundo occidental está a experimentar un fenómeno social, político e cultural cada día máis dominante definido como biomedicalización. Este fenómeno estaría trasformando o concepto de saúde nunha responsabilidade individual que se ten que realizar a través dun mellor acceso ao coñecemento, ao autocontrol e ao consumo libre e individual de produtos e servizos médicos. Máis recentemente, Alan Petersen afirmou que existe un fenómeno contemporáneo de xenetización dos conceptos de saúde, reprodución e identidade, que podería favorecer a difusión dun reducionismo xenético. A interacción combinada de biomedicalización e xenetización, pola súa vez, parece reforzar a difusión de novas políticas públicas sanitarias, baseadas na demanda dos consumidores, a opción individual dos enfermos e un novo e controvertido dereito a «estar san». De feito, a interacción destes factores podería dar lugar a novas formas de discriminación xenética, cuxo risco en última instancia sería o apoio ao chamado proceso de selección de «euxenesia débil». Malia as dimensións políticas e sociais, os enfoques actuais á regulación das novas biotecnoloxías médicas baséanse xeralmente ou en consideracións bioéticas, normalmente limitadas a cuestións normativas e a dereitos individuais, ou en consideracións técnicas, polo xeral limitadas a xerar directrices profesionais para garantir un estándar internacional de alta calidade dos produtos biomédicos. Esta proposta de relatorio, pola contra, suxire que é urxente e necesario ampliar o enfoque normativo das comisións de bioética para incluír novas percepcións derivadas de estudos empíricos sobre o impacto social e político dunha difusión agrande escala das novas tecnoloxías biomédicas.