%0 Article %A Agudo Zamora, Miguel Jesús %I Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública %D 2007 %T La participación autonómica ante los órganos de la Unión Europea: plasmación en la reforma estatutaria andaluza %U https://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=2548885 %X A atribución de competencias soberanas por parte dos Estados á Unión Europea xera importantes distorsións naqueles estados membros con sistemas politicamente descentralizados ou estados compostos, como é o caso de España e a súa estrutura auto-nómica. Desde o punto de vista da UE, os suxeitos membros son os estados soberanos, e por tanto eles son os responsables da execución do Dereito Comunitario. O proxecto de Tratado polo que se institúe unha Constitución para Europa contemplaba unha serie de disposicións nas que a posición e relación das rexións respecto da Organización xa se recoñecía no Dereito orixinario de xeito máis profundo. A Conferencia para Asuntos Relacionados coas Comunidades Europeas tamén selou dous acordos aceptados por todas as comunidades autónomas que melloran substancialmente o sistema existente. A principal novidade achegada por estes acordos é que lles permiten ás comunidades autónomas participar directamente nalgunhas reunións do Consello de Ministros da Unión Europea mediante un representante autonómico que dependerá funcionalmente da representación permanente española no órgano comunitario. Paralelamente a este proceso, o Estado autonómico está a vivir unha etapa de actualización a través das reformas dos estatutos de autonomía, entre eles o andaluz. Neste contexto, é esencial ter en consideración a presenza da vontade das Comunidades para reafirmaren as políticas europeas de carácter horizontal, así como de cohesión económica, social e territorial.