%0 Article %A Lago Peñas, Santiago %I Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública %D 2006 %T La financiación de la renta básica en España: ¿posible y prioritaria? %U https://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=2548823 %X Neste traballo reflexiónase sobre os desafíos económicos aos que se enfronta a posta en marcha dun programa de renda básica (RB) de carácter universal. Se ben é certo que a súa aplicación implica mobilizar un volume de recursos financeiros moi importante, hai que ter presente o relativamente baixo nivel de España no que respecta aos impostos e ao gasto público. Amais, a converxencia cara á eses niveis de presión fiscal máis elevados esixe dúas condicións, unha de procedemento e outra substantiva. A de procedemento compromete a aplicación gradual da RB para evitar un impacto macroeconómico. A substantiva, no entanto, afectaría as preferencias sociais, xa que sería necesario un cambio nestas para soportar o incremento da presión fiscal e ademais dar prioridad á RB fronte a outros programas de gasto social deficitarios, que son hoxe moi relevantes para os cidadáns, como a sanidade, a educación ou as pensións. Desafortunadamente, ambas as condicións poden entrar en conflito, en tanto que a lentitude na aplicación da RB faría máis difícil o apoio social ao programa.