TY - JOUR T1 - ¿Qué hace que la democracia funcione?: Cultura, economía y diferencias territoriales enla Italia contemporánea A1 - Ballarino, Gabriele PB - Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública YR - 2006 UL - http://biblioteca.ararteko.eus/Record/dialnet-ar-18-ART0000214636 AB - De onde sae un bo goberno? Depende da riqueza ou é ao contrario? Que papel desempeña a cultura no rendemento institucional e económico dunha sociedade? Este artigo aborda estas cuestións, tan antigas como a mesma socioloxía, por medio dunha discusión analítica e empírica do traballo recente de Robert D. Putnam. En primeiro lugar, describe o traballo empírico de Putnam sobre as rexións italianas e a evolución da súa análise e do seu marco teórico. En segundo lugar, pon a proba empiricamente as conclusións de Putnam sobre a relación entre cultura cívica e rendemento económico con datos ecolóxicos sobre as provincias italianas. A conclusión é que Putnam tirou conclusións demasiado amplas: se ben el propón unha explicación cultural-histórica da diferenza entre a Italia setentrional e a meridional, esta análise empírica demostra que a cultura cívica e o rendemento económico son dous fenómenos diferentes, (fortemente) relacionados ao longo de períodos temporais dilatados pero relativamente independentes a curto prazo. O efecto a longo prazo da cultura cívica do pasado sobre o rendemento económico actual non é máis forte ca o efecto do rendemento económico do pasado sobre a cultura cívica actual. KW - capital social KW - rendimiento económico KW - desarrollo territorial KW - cultura cívica ER -